NON SENTI(LO) FEMENINO

As reunións familiares poden ser agotadoras por moitas razóns, e as preguntas incisivas de familiares lonxanos é sin dúbida unha delas. Xa sexa que esteas solteiro ou nunha relación, nada pode protexerte de “cando re vas a casar?” e “cando vas ter fillos?

Este proxecto realizouse co obxectivo íntegro e principal de difusión a través das redes sociais de documentais, entrevistas, artigos, post, etc. sobre as mulleres que non queren ser nai.

Buscamos darlle voz ao sentimento das mulleres que deciden non ter fillos, esa libre decisión que en moitas ocasións se ve criticada e xulgada. Buscar chegar a todos e a todas, pero tamén a esas mulleres que o sinten así, para que teñan un apoio e un lugar seguro co que contar e sentirse comprendidas

A figura e a responsabilidade das mulleres como nais é moito maior e moito máis esixente ca figura dos pais. Ser muller e nai é unha decisión dun mesmo e non debería exercer a sociedade ningunha represalia nin fusilamento a quen non queira selo.

Email
administracion@asociacionxanela.gal
Teléfono

(34) 620087248

Dirección

Santiago de Compostela, Galicia.

Redes sociais
Colaboracións