O TEU MIRAR

Ao longo da historia mundial, as mulleres fixeron aportes extraordinarios á sociedade. Algúns son coñecidos, pero outros moitos apenas se coñecen, e todos foron precursores.

Con este proxecto mostraremos exemplos de algunhas mulleres que coa súa valentía derribaron barreiras e axudaron a cambiar o mundo; e que cos seus logros axudaron a suavizar o camiño cara a equidade. Tras unha escolla de mulleres importantes e influintes na historia mundial, tanto coñecidas como as máis esquecidas realizarase unha xuntanza de fotografías de cada unha delas.

Empregaremos uns carteis onde se poñerá un pequeno texto explicativo das accións, logros, etc. que estas mulleres levaron a cabo. O obxectivo principal é concienciar á poboación a través dos carteis sobre a importancia das mulleres e dos seus actos ao longo da historia. Busca dar voz a través de imaxes ás mulleres que foron silenciadas e esquecidas e que a historia non conta nos colexios.

Email
administracion@asociacionxanela.gal
Teléfono

(34) 620087248

Dirección

Santiago de Compostela, Galicia.

Redes sociais
Colaboracións