MUDANDO A PEL

O terceiro proxecto que presentamos dende a asociación é “Mudando a pel”. Este proxecto está pensado para realizar con persoas (sobre todo mulleres) da terceira idade no ámbito rural. O obxectivo principal é poder traballar coas mulleres do rural sobre os corpos das mulleres, como foi a súa evolución, a presión que se sofre, etc. A través dunha presentación con preguntas, imaxes, debates, etc. farase un coloquio sobre os corpos das mulleres. Este coloquio ofertarase tanto en Negreira como en Val do Dubra nos servicios de envellecemento activo.

Email
administracion@asociacionxanela.gal
Teléfono

(34) 620087248

Dirección

Santiago de Compostela, Galicia.

Redes sociais
Colaboracións