ESPACIO SEGURO
Dende o mes de decembro de 2022, dende a Asociación Xanela Creando Comunidade levamos a cabo nos Concellos de Negreira e Val do Dubra o proxecto chamado “Unha mirada cara á diversidade funcional: Espazo Seguro”.
A elaboración deste proxecto non xorde de maneira accidental, senón da unión de dúas exitosas iniciativas. Por unha banda, a inspiración nace do movemento xerado por UNICEF: “Cidades Amigas da Infancia”, facendo referencia a calquera cidade, pobo, comunidade ou sistema de goberno local que se comprometa co impulso dos dereitos das nenas, nenos e adolescentes, de acordo coa Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN). E, doutra banda, o proxecto desenvolto en Madrid, onde diferentes espazos como comercios, centros culturais, locais e bares declaráronse “Zona Segura LGTBI”.
Desta forma, “Espazo Seguro” xorde para dar resposta ás necesidades das persoas con diversidade funcional, potenciando espazos adaptados ás mesmas. Para iso, establécese un punto de encontro, o cal corresponde co edificio do concello de Negreira así como o de Val do Dubra, onde ten lugar a xestión do municipio. Estes teñen un uso terapéutico, é dicir, no caso de que durante unha intervención directa, a persoa se atope perdida ou desorientada, pode acudir ao Concello coa certeza de que se atopará de novo cos responsables da súa sesión. Tamén se conta cos puntos de axuda, que se establecen nos distintos locais e establecementos da zona, os cales reciben unha micro-formación composta por seis recomendacións que servirán como apoio para poder dar unha atención adaptada ás necesidades das persoas con diversidade funcional. Polo tanto, para poder visibilizar este proxecto, os establecementos participantes colocaron un adhesivo nos seus escaparates, na que se plasma a identificación «Espazo Seguro».
administracion@asociacionxanela.gal
Teléfono
(34) 620087248
Dirección
Santiago de Compostela, Galicia.
Redes sociais
Colaboracións
