CRENDO NO SEU SON.
Moitas cousas que damos por sentadas non foron realmente recibidas cos brazos abertos cando foron suxeridas. Moitos científicos, inventores, pensadores, etc. aos que agora veneramos como visionarios, en realidade foron burlados, desacreditados e mesmo castigados só polas súas ideas.
Tanto Nicolás Copérnico como Galileo Galilei foron ameazados pola igrexa católica por atreverse a suxerir que, de feito, a Terra non era o centro do universo. Así como estes científicos, astrónomos, e personaxes históricos sufriron este tipo de vexación onde se menospreciaban as súas ideas e aportacións e se recollían represalias contra eles; peor pasaba cando eras unha muller.
As mulleres eran menospreciadas polo simple feito de ser muller, pero si a eso lle sumas a credibilidade das súas palabras era ainda peor. Non se tiña en conta a opinión das mulleres para nada, aínda sendo estas basadas en estudos científicos, feitos con probas, etc. Moitas mulleres foron encarceradas, menospreciadas, ridiculizadas sin crer nas súas palabras.
Por este motivo, dende a Asociación Xanela presentamos este proxecto chamado “Crendo no seu son”, o cal conta coa creación de carteis coas imaxes das mulleres que foron menospreciadas e esquecidas, contando a súa historia e buscando fomentar e potenciar que todas as mulleres alcen a súa voz e sexan escoitadas.
administracion@asociacionxanela.gal
Teléfono
(34) 620087248
Dirección
Santiago de Compostela, Galicia.
Redes sociais
Colaboracións





