Contacta con nós!
Preguntas e respostas:
Donde implementades os proxectos?
Os proxectos principalmente desenvólvense en Galicia, en concreto na provincia de A Coruña, grazas á subvención da Deputación de Coruña. En concellos como Negreira, Trazo, Val do Dubra, Bertamiráns, Brión, Santiago de Compostela, etc.
Quen pode poñerse en contacto con vos?
Calquera persoa que teña dúbidas sobre a nosa labor ou precise de apoio ou asesoramento. Como ben di o noso nome, Xanela é unha apertura feita na parede para deixar pasar a luz e o aire. Dentro do social necesítanse unhas mans amigas que axuden a respirar.
Con que colectivos traballades?
Principalmente co colectivo de mulleres, diversidade funcional e terceira idade. Pero un dos fins principais da asociación é traballar colectivamente coa sociedade e poder deixar a nosa pegada na vida de todos e todas para buscar esa concienciación social e grupal.
administracion@asociacionxanela.gal
Teléfono
(34) 620087248
Dirección
Santiago de Compostela, Galicia.
redes sociais
