ABUSO DE CONSUMO DE DROGAS NA ETAPA UNIVERSITARIA
Tendo en conta que a poboación xove posee a maioría de idade e, por tanto, poden consumir drogas lícitas, un proxecto de prevención contra o abuso sería inadecuado debido a que teñen acceso ao su consumo. Por elo, créase este proxecto de metacognición no que se busca a concienciación e prevención do abuso do consumo, tanto de substancias lícitas como ilícitas co fin de que sexan conscientes do seu consumo, das consecuencias que ten todo o relacionado coas drogas e evitar así que cheguen a unha adicción onde sexa aínda máis difícil intervir. Amáis, preténdese realizar unha ensinanza sobre as diversas realidades ás que se enfrentan os consumidores e ensinar metodoloxías de evasión ás que recurrir.
Os obxectivos do subprograma son:
- Prevención do abuso de consumo de drogas na etapa universitaria
- Concienciar acerca dos riscos relacionados co abuso do consumo de drogas
- Extender coñocementos sobre as drogas e o seu consumo abusivo
- Afianzar contidos sobre a drogodependencia e as súas consecuencias
- Aprender sobre as distintas realidades de consumo
- Reflexionar acerca do consumo normalizado
- Ensinar ferramentas de evasión ao consumo
AS NOSAS ACTIVIDADES NESTE SUBPROGRAMA FORON:
1. Charla informativa sobre a drogodependencia e os seus riscos.
A actividade consiste dunha charla onde os/as profesionais ofrecen, inicialmente, información sobre o proxecto que se está levando a cabo co estudiantado e reparten unha serie de follas e bolígrafos para realizar anotacións. Logo, comezan a explicar os distintos conceptos que aborda a temática do proxecto (que son as drogas, as adiccións, os distintos tipos de adiccións que existen, as consecuencias que trae consigo o consumo…). Tras esta principal exposición, o invitado como persoa rehabilitada, relata a súa experiencia coas adiccións e como foi o seu proceso de rehabilitación. Finalmente, ofrece un tempo de debate ou de realización de preguntas de interese respecto á temática.
2. Consume xogos interactivos
Esta actividade está composta por unha batería de dúas dinámicas. A primeira, denominada “verdadeiro ou falso”, divídese nos seguintes pasos: En primeiro lugar, os/as participantes colócanse nunha fila única, á súa esquerda atopan un cartel coa palabra verdadeiro, e á súa dereita encontran outro coa palabra falso. A continuación, fanse preguntas e/ou afirmacións cuxas respostas serán verdadeiro ou falso e que están relacionadas coa charla anterior e os seus coñecementos acerca das drogas e a drogodependencia. Por último, os/as participantes colócanse na dereita ou na esquerda, en función da resposta que consideren correcta. A segunda dinámica, “a palabra prohibida”, realízase comenzando por unha división dos asistentes á sesión en diversos grupos onde, dentro de cada un deles, elíxese un portavoz. Seguidamente, a cada portavoz entrégaselle unha tarxeta que contén, por un lado, a palabra a definir polo seu grupo e, por outro lado, unha serie de palabras que non se podrán utilizar para definir a palabra. Cada acerto por parte dun grupo fará que consigan un punto e, en caso de fallar, se pasará ao siguinte grupo.
temática.
3. Rollplay
A actividade comeza cunha breve explicación da mesma. Tras isto, lévase a cabo unha división do grupo participante en grupos pequenos segundo os asistentes (preferiblemente de 4-5 personas). A continuación, adxudícanse os temas acerca de drogas, adiccións, consecuencias da drogodependencia… ao azar a cada grupo e se lles dará unha marxe de tempo (15 minutos), para a preparación da súa posterior representación. Máis tarde, grupo por grupo deben ir representando o tema asignado e os/as demais participantes, deben adiviñar a temática asinada xunto a unha apreciación sobre se se achega á realidade ou non.
4. Fragmentos do consumo
Esta actividade consiste en visualizar distintos fragmentos de películas, series, programas… onde se comentan ou se vexan distintas realidades sobre as drogas, as adiccións, as consecuencias de esto e a súa posterior rehabilitación. Tras a visualización de cada fragmento ábrese un pequeno debate ante as distintas realidades para poder realizar reflexións conxuntas.
5. Técnicas de evasión do consumo
Esta actividade comeza pedindo a todos/as os/as participantes que escollan unha esterilla e que se tumben encima de ela. Unha vez colocados/as enriba destas, pídese que se tumben e comecen a inspirar fondo, a manter unha respiración tranquila. A continuación, unha das Educadoras Sociais comeza a narrar unha historia relacionada co mar, a tranquilidade, o aire puro… mentras que as demais se achegarán esparcidas polo espazo, dando un suave toque na cara, manos.. dos participantes coa pluma. Cando finalice a historia, pídeselles que se senten tranquilamente na esterilla, sen facer moito ruido, para comezar a compartir as distintas emocións e sentimentos que viviron. Finalmente, explícaselles a técnica utilizada, demoninada mindfulness, e como levala a cabo.
administracion@asociacionxanela.gal
Teléfono
(34) 620087248
Dirección
Santiago de Compostela, Galicia.
Redes sociais
COLABORACIÓNS