A.I.D.A (2023-2024)
Proxecto de ocio nocturno saudabel.
Este programa está composto por distintos proxectos destinados á prevención e á intervención dende unha base preventiva no ámbito da drogodependencia. Comezou a implementarse durante o curso académico 2023-2024 e segue a súa implementación no curso académico 2024-2025. Trátase dun programa integrado por catro proxectos distintos, no cal a poboación diana vai en cascada (de tal xeito que primeiro traballamos cos máis pequenos, despois adolescentes, e seguimos con universitarios e, por último, con adultos. Polo tanto, no 2023-2024 abordamos dous e no 2024-2025 pecharemos os dous seguintes. Esta forma de abordaxe do programa está baseada na filosofía que se esconde detrás da asociación: traballamos para a comunidade, coidando, prioritariamente, das xeracións futuras.
En primeiro lugar, levamos a cabo un proxecto de educación emocional como estratexia de prevención do consumo de drogas con nenos e nenas de educación primaria. En segundo lugar, propuxemos un proxecto formativo para adolescentes en alternativas sobre ocio saudable. En terceiro lugar, implementaremos un proxecto de metacognición e autoanálise no abuso de substancias con mozos e mozas universitarios. Por último, levaremos a cabo un proxecto de difusión para as familias, destinado a crear un espazo seguro e de confianza no fogar e a que constitúan un grupo de apoio respecto ao ámbito das drogodependencias.
Proxecto de ocio nocturno saudabel.
O acto social adolescente por excelencia enmárcase no ocio nocturno e no consumo de substancias. Acostúmase ver aos mozos e mozas socializar enseguida en bares e discotecas baixo os efectos do alcohol, ou reunirse co obxectivo do consumo dalgunha substancia. Neste eido de sociabilidade, os adolescentes con diversidade funcional son un grupo de risco en canto ao consumo de drogas, xa que adoitan ter maiores dificultades para establecer relacións satisfactorias co seu grupo de iguais.
Tendo en conta o rango de idades nas que se comeza a consumir substancias nocivas, entre 14 e 18 anos, e os contextos nos que se leva a cabo, este proxecto pretende previr o consumo de drogas no ocio nocturno en adolescentes que acuden a terapia de diversidade funcional. Para iso, implementáronse actividades formativas de ocio alternativo para os adolescentes destas características.
Os obxectivos son:
- Identificar as necesidades sociais e de ocio da etapa de desenvolvemento dos adolescentes e da súa contorna.
- Coñecer os hábitos de socialización nocivos para os adolescentes.
- Ofrecer as ferramentas necesarias para deseñar e implementar estratexias pedagóxicas e metodolóxicas que promovan alternativas saudables de ocio nocturno, dentro do entorno no que se sitúan os concellos de Vedra, Val do Dubra, Negreira, Ames, Trazo e Santiago de Compostela.
1. Charla dun adolescente con problemas de adición.
Os primeiros 10 minutos da sesión deixáronse para cubrir o cuestionario de avaliación inicial. Nos seguintes 20 minutos, o invitado conta a súa traxectoria vital e experiencia co consumo, e os perigos que esto conleva segundo a súa propia experiencia. A continuación, abriuse paso a unha ronda de preguntas e respostas onde as/os educadores do proxecto se uniron para aportar posibles respostas.
Os obxectivos son:
- Analizar un caso real dun adolescente con problemas de adición a substancias, propiciado polos seus hábitos de ocio nocturnos.
- Identificarse e empatizar coa problemática do adolescente.
- Reflexionar acerca de como as accións poden repercutir positivamente ou negativamente na vida.
- Desmontar o ideal de diversión a cerca das drogas que teñen os adolescentes.
2. Autocoñecemento.
Nos primeiros 5 minutos de clase, o/a educador/a expuxo de forma clara o traballo a realizar ao longo desta actividade e a súa finalidade. Comezouse levando a cabo a actividade “A árbore da vida”. Esta actividade consiste en debuxar unha árbore coas súas raíces, tronco e copa que pode ter flores, frutos ou follas. Neste debuxo deben de escribir: nas raíces 3 valores cos que se identifiquen, no tronco os momentos máis destacados da súa vida, na copa as habilidades que lles permiten crecer e no ceo os soños e ilusións. En función do debuxo de cada un/ unha, poden aparecer máis elementos a tratar como: os froitos onde deben indicar os beneficios obtidos tran un esforzo, o sol como motivacións, as nubes como elementos que nos desmotivan…
Seguidamente, na segunda actividade hai que completar do xeito máis rapido posible en función dos seus sentimentos e desexos o “Saber o que queremos”. Finalmente, realízase unha reflexión final conxunta onde poden amosarse as similitudes e discrepancias entre o grupo, obtendo a perspectiva de cada integrante.
3. Exposición “coñecer a contorna”.
Nunha primeira parte da sesión, lévase a cabo unha chuvia de ideas mediada polas educadoras, onde se reflexen intereses de cada un/unha en base ao ocio. Por exemplo:” cociña, boxeo, baile, natureza…” Na segunda parte da sesión as educadoras expoñen por concellos as diferentes posibilidades de talleres, obradoiros, espacios e programas gratuítos orientados a mocidade que existen, onde poden enmarcarse en base aos seus intereses.
Os obxectivos son:
- Clarificar a necesidade dun ocio saudable na súa contorna para a súa socialización.
- Identificar as necesidades sociais e de ocio máis relevantes na adolescencia.
- Identificar os seus gustos e preferencias para posteriormente abordalos no ocio.
.
4. Saída a un espazo.
O centro escollido para visitar polos adolescentes, nun concello. Neste caso ao centro xove de Santiago de Compostela, que conta con diversos obradoiros gratuítos para a mocidade. Nel lévase a cabo o programa Noites Alterrnas, e conta cun estudo de música e un escenario totalmente equipados. Ademais, ten servizo de préstamo de xogos de mesa e videoxogos. https://www.centroxove.com/
Os obxectivos son:
- Crear formas de ocio alternativo adolescente nos seus concellos en base aos seus propios intereses
- Coñecer as posilibilidades de ocio que ofrece a súa contorna
- Fomentar un ocio alternativo saudable.
- Analizar o uso efectivo e responsable dos recursos e espazos que proporcionan os seus concellos para o ocio alternativo.
administracion@asociacionxanela.gal
Teléfono
(34) 620087248
Dirección
Santiago de Compostela, Galicia.
Redes sociais
Colaboracións





