MULLERES SEN PALABRAS: RE-TRATOS

Este programa nace da idea de buscar a equidade entre os homes e as mulleres, formando e creando 7 proxectos centrados na loita contra a violencia de xénero e as desigualdades existentes.

Os obxectivos deste programa son:

  • Abordar a violencia de xénero dende unha análise actual e innovadora.
  • Analizar e definir a violencia de xénero como problema que nace en comunidade.
  • Crear participación plena e integración comunitaria durante o proceso de realización do proxecto.

DE OBXECTOS A OBXECTORAS

Este proxecto busca facer pensar á comunidade (universitaria e poboación) sobre a súa visión da muller e os aspectos que desexan mudar nelas mesmas ou nas súas concepcións. Este levouse a cabo mediante unha protesta visual, seleccionando fotografías da 29ª edición da Revista AAP, fragmentos das entrevistas realizadas ós autores e autoras, e unhas frases de autoría propia que suscitan esa metareflexión.
Colocáronse por un circuíto de facultades seleccionadas, concellos e espazos de interese, e engadíuselle un código QR que explica a idea xeral. A través das nosas redes sociais poden verse os carteis diseñados.

BANDEIRAS  VERMELLAS

O proxecto parteu da importancia de construir relacións dende un vínculo seguro e o seu obxectivo principal foi a identificación de sinais de alarma nas relacións de parella. É neste punto onde debemos falar sobre as “bandeiras vermellas” ou “red flags”; termos que se están asentando na sociedade, con prenseza nas redes sociais e da man dos colectivos maioritariamente xuvenís. Centrando a atención na cor vermella, e empregando o texto e a imaxe como elementos principais; realizamos unha aproximación a vivencias, obxectos, contextos, e accións que aportan indicios de situacións de risco ou que poden derivar en maltrato.

O seguinte paso, foi a elaboración dun mural, que agrupou as bandeiras vermellas correspondentes, deixando un espazo para que a implicación comunitaria o finalice. Traballouse con grupos de adolescentes con diversidade funcional.

A COVA DO HOME

Con este proxecto quíxose dar unha formación para empoderar ás mulleres e axudar a que teñan un espazo xerado dende a asociación e que o sintan como propio para poder facer uso do mesmo. Fíxose unha apertura a un obradoiro formativo para crear eses espazos. Asistiron arredor de 30 mulleres e homes divididos entre Negreira, Santiago de Compostela, Val do Dubra e Trazo e alí, déronse ferramentas teórico-prácticas para crear espazos propios. Durante a pandemia, cando algunhas das nosas oficinas se trasladaron ás nosas casas, decatámonos do importante que é facer que as nosas casas se sintan acolledoras; e este proxecto axúdanos a dar un paso máis. 

Un dos obxectivos principais é o de axudar a que as mulleres que accederon á formación, teñan un espazo xerado dende a asociación, que o sintan como propio e poder facer uso do mesmo. Non todos temos fogares que axuden a que eses espazos existan no ámbito privado, de ahí a importancia dunha cova comunitaria. 

POR SER MULLER

Este é un proxecto de sensibilización que pretende concienciar á poboación dun problema global como é a violencia de xénero que afecta a milleiros de mulleres en todo o mundo. A violencia contra as mulleres é unha guerra real que mata a decenas de miles de mulleres en todo o mundo cada ano. É un crime da humanidade, unha violación dos dereitos humanos no ámbito público e privado que afecta a todas as mulleres só polo feito de ser mulleres. Co obxectivo de denunciar, crear conciencia e conseguir unha resposta real por parte das institucións, o activista e artista contemporáneao AleXandro Palombo elaborou a obra “Just because I Am A Woman” na que representa algunhas das mulleres protagonistas da política mundial como vítimas da violencia de xénero. Seguindo a liña de Palombo, co proxecto “Por ser muller” procuramos utilizar a arte como ferramenta e realizar unha campaña na que diferentes mulleres influíntes da comunidade galega serán presentadas como vítimas de maltrato, cos ollos e beizos amoratados e numerosas feridas para poder chegar a máis xente e concienciar sobre que a violencia de xénero pode golpear en calquera porta.

En primeiro lugar diseñouse un prototipo de cartel para poder contactar coas mulleres influíntes. De seguido, creouse unha lista de mulleres e contactouse con elas para poder levar a cabo o proxecto, sacar as fotografías, realizar a maquillaxe, etc. Unha vez todo pactado realizáronse os montaxes de todos os carteis e pedíronse os permisos pertinentes para poder realizar a exposición na Plaza do Toural en Santiago de Compostela. Finalmente realizouse unha difusión masiva en redes sociais. Creánronse vídeos para a campaña que chegaron en total a 50.000 visitas en total. https://www.instagram.com/reel/Cz8wEOEMipl/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

Neste proxecto participaron mulleres influintes como: Antía Pérez (futbolista), Ana Meilán (escritora), Lucía Pérez (cantante), Elba Pedrosa (actriz), Lucía Aldao (escritora), Estíbaliz Espinosa (escritora), Pili Pampín (cantante), Amaranta Rodríguez (directora e xefa de sala), Chus Lago (alpinista), Susana Pedreira (xornalista), Ana Vila (poetisa), Fátima Pego (presentadora), Carmen Morante (Presidenta da conferencia de decanos e decanas de educación), Sica Romero (escritora), Noa Moreira (escritora), Marta Brañas (deportista), Vero Boquete (futbolista), Yaiza Otero (futbolista), Teresa Duro Leis (Concelleira de Negreira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade), Leti da Taberna (creadora de contido dixital), Oceana Soares (presidenta da asociación), Marta Doviro (monologuista), Lúa Mosquetera (poetisa) e Estíbaliz Veiga (actriz).

RETRATOS AGOCHADOS

Evgenia Smirnova creou unha serie de ilustracións sobre a agonía psicolóxica que sofren as mulleres maltradas. Cando se trata de violencia contra as mulleres, a maioría da xente pensa na violencia física, pero de feito, o abuso psicolóxico adoita ser máis perigoso. A humillación, a intimidación e o control levan á vítima a un estado de ansiedade, medo, sentimentos de inutilidade e soidade. Nestas ilustracións esta artista intenta reflectir algunhas situacións que as mulleres maltratadas psicolóxicamente viven, palabras clave que intentan describir e plasmar esa sensación, como son a “fraxilidade”, “alma”, etc. A violencia de xénero de tipo psicolóxico é unha agresión que se realiza sen ningún tipo de contacto físico, pero ocasionando danos a nivel emocional nas víctimas. A violencia física produce traumatismos, lesións, marcas, pero por outro lado, a violencia psicolóxica é un dano que se vai acrecentando co tempo, canto máis se prolonge, máis profundo será o dano. Este proxecto contou coa implicación dos centro educativos e dos nenos e nenas para lograr crear unha conciencia social sobre a problemática que supón o maltrato e a violencia de xénero na sociedade de hoxe en día.

A través das ilustracións, elaborouse unha presentación dinámica, ilustrada e con exemplos para a explicación sobre a temática escollida. Esta exposición realizouse e levouse a cabo no CEIP de O Coto en Negreira e no CEIP Barouta de Ames. Durante a exposición, de forma paralela entregouse un dossier con actividades para realizar na propia sesión de forma dinámica e cando se finalizou mostráronse as ilustracións, buscando así que cada neno e nena puidera ver e identificar diferentes sentimentos, situacións e momentos reflectidos nestas.

TÉCNICAS DE AUTOPROTECCIÓN

Este proxecto xorde da iniciativa da organización Karma Nirvana creada en Inglaterra en 1993 que loita polos dereitos das mulleres e da infancia. Traballan en prol da igualdade de xénero e o respecto polos dereitos humanos de todos os nenos e nenas. Básanse en dar soporte a todas as víctimas do «honour based abuse» que se traduce no abuso basado na honra, como son a obligación de contraer matrimonio a idades moi temperás, a mutilación xenital, a violencia doméstica, a trata de mulleres, etc. En especial, a iniciativa que nos inspirou para a creación deste proxecto foi «Spoon of hope» co lema «unha pequena culler pode salvar unha vida».  Trátase de difundir a importancia que pode ter unha simple culler á hora de salvar a vida dunha muller ou dunha nena como pode ser na trata, nos secuestros, etc. Cando se rapta a unha muller ou nena, soe pasarse por aeroportos, controis, etc. entón, si se esconde unha culler no medio da roupa, ao pasar polo detector de metais, este pitará e pode ser un bo momento para poder falar cos guardias e pedir axuda.

O fin principal deste proxecto foi presentar unha serie de técnicas de atuprotección pensadas para as mulleres independentemente da súa idade. Técnicas ou instrumentos que se van a poder atopar de forma rutinaria na vida diaria de todas. A idea principal foi escoller diversos puntos claves de concellos como o de Santiago de Compostela, neste caso a Plaza do Toural e no Parque da Alameda; e a través da instalación dun posto de información e difusión, realizouse un achegamento á poboación para explicar e dar a coñecer as diferentes técnicas e instrumentos. Aínda que as destinatarias principais deste proxecto sexa o sector femenino, tamén foi interesante poder chegar a todos e todas, para poder crear unha conciencia e unha maior difusión entre toda a comunidade.

IMAXES DA MIÑA CABEZA

Os estereotipos de xénero son ideas e crenzas que están arraigadas no subconsciente popular e colectivo acerca de como deberían de ser os roles das mulleres na sociedade. Caracterízanse por atribuír rasgos, actitudes, comportamentos e patróns determinados ao xeito de ser muller. Estas ideas forman parte do imaxinario colectivo e ainda que na maioría das veces non son tanxibles a gran cantidade de xente que as comparten fan que se convertan en ideas dificilmente refutables. Seguindo a liña xeral do programa, con este proxecto quíxose dar luz a cada unha destas ideas e convertela en imaxes e retratos. Partiuse de diferentes premisas: “unha sala chea de mulleres”, “cazar na prehistoria” e outras similares. Os retratos, frases, ideas, debuxos, etc. podían enviarse a través das redes sociais ou en buzóns personalizados cos que participaron adolescentes con diversidade funcional de entre 8 e 18 anos.

Email
administracion@asociacionxanela.gal
Teléfono

(34) 620087248

Dirección

Santiago de Compostela, Galicia.

Redes sociais
COLABORACIÓNS