25 N

Este proxecto non estaba contemplado na proposta inicial do programa, pero tras unha coordinación co concello de Rianxo e coa unidade decideuse levar a cabo este proxecto suplantando o proxecto “Unificando sentidos”. O alto comisado da ONU para os Dereitos Humanos, alertou sobre o forte retroceso en igualdade de xénero que se está observando nos últimos anos e que en moitos lugares a misoxinia está case normalizada. Partindo deste premisa, realixouse este proxecto de sensibilización e difusión en torno á temática de educar na non violencia de xénero dende a infancia, incluíndo así ás familias.


Este proxecto realizouse dende a Unidade de Atención Temperá porque se buscou protexer ás familias, ás mulleres como núcleo activo do tecido social e aos nenos. Comezouse en Outubro realizando un contacto con concello e coa unidade, pactandoa sí as líneas do proxecto e as datas. Posteriormente realizouse unha reación de carteis compostos por unha frase sensibilizadora da temática e por debuxos infantís que axuden como Sistema Aumentativo da Comunicación, á comprensión dos mesmos por parte das familias e menores con diversidade funcional.


Dentro da unidade, traballouse con diferentes grupos de nenos e nenas de entre 0 a 6 anos e coas súas familias. Os carteis colgáronse na unidade para que o resto das persoas puideran velos. Este proxecto implementouse en Novembro, aproveitando a semana do 25N.

Email
administracion@asociacionxanela.gal
Teléfono

(34) 620087248

Dirección

Santiago de Compostela, Galicia.

Redes sociais
Colaboracións